4ºESO HIST

CONTIDOS DE PENDENTES 3º ESO

DEFINICIÓNS:

RELEVO: Son as desigualdades que presenta a superficie terrestre
MONTAÑA: É unha elevación importante do terreo e que presenta gran pendente. ü PARLAMENTO: é a asemblea dos representantes electos polos cidadáns nos réximes democráticos. Ten o poder legislativo.
CONSTITUCIÓN: norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regule o réxime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política.
CCE: Comunidade Económica Europea chamase asi a Unión Europea ata o ano 1992 . COMUNIDADE AUTÓNOMA: é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
FECUNDIDADE: é unha estimación do número medio de fillos que terá unha muller durante a súa vida.
CRECEMENTO NATURAL: ou vexetativo, é a diferenza entre os nacidos e os mortos.
BENEFICIO: É o resultado da diferenta entre os gastos e os ingresos.
BEN: É todo obxecto que cubre unha necesidade e ten un valor
SERVIZO: É toda prestación que cubre unha necesidade
AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA: É aquela forma de cultivo que produce só para a alimentación do campesino e a súa familia.
AGRICULTURA DE MERCADO: É aquela forma de cultivo que produce co obxectivo da venda dos productos os mercados obtendo un beneficio económico.
ROTACIÓN DE CULTIVOS: Técnica agrícola que consiste en alternar diferentes cultivos nunha leira.
RECONVERSIÓN: Proceso de modernización dunha empresa ou actividade que leva consigo destrucción de emprego ou mesmo cambio de actividade da empresa
PAC: Política Agraria Común son as leis que marca a UE en materia de agricultura e que todos os países membros deben cumplirRECURSOS NON RENOVABLES: son os que se esgotan, como o petróleo.
MATERIA PRIMA: Son os elementos da naturaza que o ser humano usa para o seu consumo.
FONTE DE ENERXÍA: son os recursos naturais que proporcionan forza para a industria ou o transporte.
REVOLUCIÓN INDUSTRIAL: Proceso que supuxo o paso dunha economía agrícola a unha economía baseada na industria e nas máquinas.
DIVISIÓN DO TRABALLO: É asignar a cada traballador unha tarefa concreta na cadea de produción.
COMERCIO: É o conxunto de actividades que teñen como fin o intercambio de bens e servizos.
OMC: Organización Mundial Do Comercio; organismo que ten como misión facilitar o comercio entre os países.
TURÍSMO: É todo desprazamento que realizamos fora do noso medio habitual, e no cal permanecemos polo menos 24 horas.

CUESTIÓNS:
1) Como é a distribución da auga na terra? Por que?
- De maneira irregular.
- Hai zonas donde a auga e moi abundante e outras case secas.
- Ademais hai épocas do ano chuviosas e outras secas

2) Fai un cadro resumo coas características dos seguintes climas: Ecuatorial, Oceánico e Polar

CLIMA           TEM.                   PRECIPITACIÓNS      VEXETACIÓN    ESTAC.
Ecuatorial     Altas + 26ºC           Moi altas +2000mm        Selva densa             1
Oceánico     Entre 0º C – 18º C  Altas + 1200mm              Caducifolio              4
Polar           Sempre Baixo 0º C   Case nulas                      Tundra                     1

3) Por que moitas persoas viven en medios hostís?.
- O crecemento da población desmesurado.
- A vontade dos gobernantes
- O arraigo a un lugar ou cultura
- A falta de recursos
- A infravaloración dos perigo

4) Que tres grandes conxuntos diferenciamos no relevo europeo?
- Montañas e macizos antigos.
- As grandes chairas.
- As cordilleiras alpinas

5) Cales son os rebordes da Meseta?
- Macizo Galaico o NW
- C. Cantábrica o N
- S. Ibérico o NE
- S. Morena o S

6) Cales son as características do dominio climático atlántico-mediterráneo galego?
Localízase nos vales do Miño e do Sil
Temperaturas cálidas no verán (22ºC) e suaves no inverno (10ºC)
Chuvias baixas en torno os 900mm/ano

7) Cales son os tres poderes nos estados democráticos?. Explicalos.
- Lexislativo: recae no Parlamento que é o organo encargado de facer as leis
- Executivo: recae no Goberno que é o organo encargado de aplicar as leis
- Xudicial: recae nos xuices que é o organo encargado de velar polo cumprimento das leis.

8) Como se organiza territorialmente o Estado español?
- Municipios-Provincias-CC.AA.-Estado.

9) Cantos países conforma hoxe en día a UE?. Cita seis.
- 27, España, Portugal, Bélxica, Holanda, Luxemburgo e Italia.

10) Por que decimos que a UE e unha das principias potencias mundiais?
- Posue o 30% da riqueza mundial
- É a primeira potencia comercial.
- A sua moeda, o euro, é a máis forte do planeta.

11) Como definiriamos o Estado español? Por que España e un estado de dereito?
- Un Estado Democrático, Social e de Dereito.
- Por que todos os cidadáns teñen que responder a unhas mesmas leis

12) Cales son as institucións do Estado español? Explica cada unha delas?
- A Coroa; Xefe do Estado-O rei
- O Parlamento;Cortes Xerais;
- O Goberno; Presidente e Ministros.
- Poder xudicial; Tribunais e Xuices.

13) Por que Galicia e unha Comunidade Histórica? Cando se aprobou o seu Estatuto?
- Porque no ano 1936 xa tivo un estatuto de autonomía e ademais posúe unha lingua, historia e cultura diferenciadas.

14) Que é un imposto indirecto? Pon un exemplo
- É un pagamento que individuos ou empresas deben facer a un organismo público e que se pagan ao adquirir bens e servizos. IVE

15) Que son os factores productivos? Noméalos.
- Son os elementos que necesitamos para producir bens e recursos. Traballo, recursos naturais, capital, tecnoloxias e coñecementos.

16) Que é un contrato de traballo indefinido?
- É aquel que non ten unha duración limitada.

17) A que chamamos sistema económico?
- Ao modo de cómo se producen os bens e servizos nunha sociedade, asi como a forman en que se distribuen os beneficios entre os seus habitantes.

18) Cales son os trazos da globalización económica?
- O Comercio internacional creceu moito.
- Gran presenza de empresas multinacionais.
- Intensos fluxos financieros.
- Melloras nas comunicacións (Internet).

19) Como se manifiesta a globalización económica?
- Con un aumento das relacións entre os distintos lugares do planeta, que son máis intensas que nunca.

20) Que outro nome ten a agricultura de subsistencia? Por que?
- Tradicional, porque conserva formas de producción moi antigas.

21) Que dos tipos de ganderia existen? Explica a que se se desenvolve nos paises ricos.
- Extensiva e Intensiva.
- Intensiva, localízase nos paises desenvolvidos e propia de pequenas explotacións donde o gando alimentase de piensos e planta forraxeiras.Teñen grandes capitais e tecnoloxía avanzada .

22) Que pasa na agricultura española a mediados do século XX?
- Produciuse un profundo cambio e a agricultura pasa a ser un sector moderno, orientado á venda dos productos no mercado e tecnificado.

23) Cales son as paisaxes agrarias de España? Descríbelas brevemente.
- España húmida no N e NO, e Gandeira e forestal.
- Montaña húmida nos relevos máis altos, e Gandeira e forestal.
- Interior peninsular secaños extensivos e regadíos mixtos.
- España mediterránea, trilogía mediterránea e hortofructícolas.
- Canarias, regadíos litorais e secaños no interior.

24) Explica como clasificamos os recursos de orixe mineral?
- Metálicos: son aqueles dos que se extraen metais como o ouro, a prata, o cobre..
- Non metálicos: son aqueles dos que se non extraen metais como calcaría,marmore, xeso..
- Enerxéticos: son aqueles que proporcionan enerxía como o carbón, o gas, o petróleo...

25) Por que a electricidade e unha enerxía moi extendida?
- Porque transpórtase con moita facilidade
- Porque é limpa.
- Porque convértese con facilidade en calquera outro tipo de enerxía.

26) Que problemas presentan as enerxias renovables?
- Depende da natureza
- Necesitan altos investimentos para a súa explotación
- O rendemento a veces e baixo
- E dificil acumular a enerxía que producen

27) Como se explica o dominio do sector terciario nos países ricos?- Elevada renda dos seus habitantes.
- Compromiso dos gobernos de ofrecer servizos sociais básicos.
- A mecanización provoca menos necesidades de man de obra na industria e no campo.

28) Como son os servizos nos países subdesenvolvidos?
- De escasa ou mala calidade, pero melloran nos últimos anos póla deslocalización

29) Onde se concentra o sector terciário dentro dun país?
-Nas urbes e zonas turísticas

30) Cal e a diferenza entre servizo público e servizo privado?
- Os públicos son os que están garantidos pólo estado e os privados ofrécennos particulares a cambio dun beneficio.

31) De que tres factores depende a actividade comercial?
- O desenvolvemento dos transportes e as infraestructuras.
- O tamaño do mercado, e decir, o número de consumidores
- A riqueza da poboación.

32) Cales son os factores de localización industrial?
- Facilidade de transporte
- Dispoñibilidade da man de obra
- Proximidade dos consumidores
- Proximidade a outras industrias.
- Solo barato e abundancia de recursos naturais.

33) Como identificarías un polígono industrial? Onde se localizan? e Que vantaxes ofrecen?
- Pola acumulación de fábricas e almacéns.
- Nas afueras das cidades
- Están ben comunicadas e poden usar infraestructuras comúns.

34) Cales son os países máis industrializados? Por que?- USA, Xapón e os países da Unión Europea
- Gozan de estabilidade política
- Teñen capital suficiente para investir
- Alta tecnoloxía.
- Boas infraestructuras de transporte
- Man de obra cualificada.

35) Por que existe explotación laboral nos países do Terceiro Mundo?
- Debido a ausencia de leis e dunas autoridades que protexen os traballadores e a busca do máximo beneficio.

36) Cales son as caracteristicas da industria na UE?
- A UE e a primeira potencia mundial, porque ten un importante mercado e a fusión empresarial logrou crear grandes empresas industriais.
- A industria achega o 20% da produción da UE e o 17% do emprego
- Destaca a industria metalurxica, química, autos, alimentos...

37) Como é a industria nos países da Europa Oriental?
- A industria ainda mantén un peso importante, porque moitas fábricas occidentais traslandanse o seus territorios.

38) Cales son os 4 retos da industria europea?
1.- Investir máis capital en investigación e innovación
2.- Cooperación e unión entre empresas
3.- Loitar contra o crecemento da industria asiática
4.- Reducir o consumo enerxético e a contaminación

39) Cales son as debilidades da industria española?
- Desequlibrios económicos e demográficos
- pequeño tamaño
- pouca tecnificación
- produtos pouco competitivos

40) Onde se concentra a industria galega?
- Nos eixes urbanos de Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol.
- Tamén en Ourense.